A Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal forma parte do Grupo Operativo GO Bosques 3.0, que traballará na dixitalización e teledectección do uso sostible dos bosques. Esta iniciativa aplicará novas tecnoloxías para modernizar a xestión forestal sostible e favorecer o desenrolo socioeconómico das zonas rurais.
É un proxecto de innovación de interese xeral aprobado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 na convocatoria anticipada 2022, financiado pola la Unión Europea ao 100% e que se desenvolverá ata marzo de 2025.

O Cif de Lourizán cataloga seis proxenitores de familia de piñeiro do país resistentes ao nematodo do Piñeiro segundo os ensaios feitos neste centro, devanditos proxenitores teñen unha supervivencia dun 76-81% ao nematodo do piñeiro
XORNADA DIVULGATIVA: A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE E A CERTIFICACIÓN FORESTAL
A Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal impartirá unha xornada sobre a Xestión Forestal Sostible e Certificación Forestal nas localidades, datas e horario que se indican a continuación:
– 22 de outubro: Casa Habaneira de Guitiriz (Lugo) de 17.30 a 19.30 h.
– 23 de outubro: Sala Multiusos do Concello de Castrelo do Val de 11.00 a 13.00 h.
– 29 de outubro: Sede de Forestación Galicia S.A., situadas na Ronda do Carme nº 69 –Entreplanta (Lugo) de 12.00 a 14.00 h.
A acción é de carácter gratuíto e está destinada os distintos axentes implicados na cadea forestal, dende Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, profesionais da industria forestal, enxeñeiros técnico forestais, de montes ou graduados en enxeñería forestal e do medio natural, estudantes, consultarías, propietarios forestais…
As prazas son limitadas.
Pode inscribirse no seguinte formulario, enviando un correo a certificacion@certificacion.es ou chamando o teléfono 981523736.
Cofinanciado por:

XERA, Axencia Galega da Industria Forestal