FSC® é unha organización independente, non gobernamental, internacional e sen ánimo de lucro creada en 1993, co obxectivo de promover unha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo.
Para conseguir a certificación FSC®, os requisitos globais establécenos os Principios e Criterios de FSC®, que se adaptan ao contexto de cada país a través dos Estándares Nacionais, garantindo así que son apropiados para os bosques da súa rexión.

A Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS)

Está aberta a todos os propietarios e xestores forestais que queiran adoptar o sistema de certificación forestal FSC®, con independencia da extensión do seu monte.
Para iso deben remitir á Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal, a solicitude de adhesión cos anexos correspondentes, Documento de Xestión Forestal segundo a superficie do seu monte, elaborado por un Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro de Montes ou Graduado en Enxeñería Forestal e do Medio Natural aprobado pola Administración competente e un Cuestionario de Pre-Ingreso.
Se desexa obter máis información non dubide en contactar connosco por calquera das canles dispoñibles.
