EGS-PEFC

PEFC é unha entidade non gobernamental, independente, sen ánimo de lucro e ámbito mundial, que promove a xestión sostible dos bosques para conseguir un equilibrio social, económico e ambiental dos mesmos.

A norma española de Xestión Forestal Sostible é a Norma UNE 162002, que foi elaborada no seo da Entidade Nacional de Normalización ( AENOR) nun proceso aberto a todas as partes interesadas.

Para máis información visita:

A Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS)

Foto de árbol Castaño

Está aberta a todos os propietarios e xestores forestais que queiran adoptar o sistema de certificación forestal PEFC na modalidade rexional, independentemente da extensión do seu monte.

O proceso de certificación é sinxelo, para inicialo deben remitir á EGS, a solicitude de adhesión e anexos correspondentes e un Documento de Xestión Forestal segundo a superficie do seu monte, elaborado por un Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro de Montes ou Graduado en Enxeñería Forestal e do Medio Natural, visado polo Colexio Profesional ou aprobado pola Administración competente.

Se desexa obter máis información non dubide en contactar connosco por calquera das canles dispoñibles.

Traducir

Enter your keyword