Coñécenos

A Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS), é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito autonómico, constituída en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 2004, que ten como principais obxectivos:

Promover

Promover no ámbito autonómico a xestión forestal sostible, mantendo a diversidade biolóxica, produtividade e vitalidade, para garantir o uso e desfrute dos bosques tanto ás xeracións presentes como ás futuras.

Fomentar

Fomento dos recursos forestais como ben de interese público e xeral, polos seus beneficios sociais, ecolóxicos e económicos, contribuíndo así o desenvolvemento do rural e a fixación de poboación nestas áreas.

Ofrecer

Ofrecer a posibilidade de participar na certificación forestal a todos os propietarios e xestores forestais, sen ter en conta o tamaño da propiedade.

Velar

Velar polo cumprimento da modalidade de certificación rexional PEFC e polo cumprimento dos Principios, Criterios e Indicadores de FSC®.

Como levamos a cabo estes obxectivos?

Dende a EGS, desenvolvemos os procedementos necesarios para garantir e facilitar a participación de todos os interesados na certificación forestal, para o cal:

Proporcionamos información e asesoramento a todos os posibles usuarios e interesados no proceso, establecendo as condicións de participación e aportando os documentos necesarios para solicitala, con uns custos claros e garantindo a transparencia en todo momento.

Custodiamos e administramos o rexistro de superficies adscritas na Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal.

Levamos a cabo o seguimento dos adscritos en relación co cumprimento das súas obrigacións, incluídas as acción preventivas e correctoras.

Logo egs certificación forestal

Informamos periodicamente os adscritos da EGS e interesados na certificación forestal sobre os seus dereitos e deberes.

Prestamos asistencia técnica a Entidade de Certificación durante o proceso de auditoría.

Establecemos os procedementos necesarios para garantir que os produtos forestais resultantes dos aproveitamentos forestais proceden das superficies obxecto de certificación.

Certifica o teu monte

Traducir

Enter your keyword